A progresiva eliminación das duras medidas de covid cero posibilitou o aumento dos casos, ata o punto de que no que vai de mes o goberno chinés admite que máis de 248 millóns de persoas se contaxiaron co virus. Sería o 18 por cento da súa poboación.
As autoridades chinesas recomendan en grandes cidades coma Shangai non sair da casa para evitar contaxios coa covid. Aínda que na China non celebran habitualmente as festas do Nadal, os máis novos aproveitan os días libres para sair pola noite a lugares pechados, onde cantaxiarse é máis doado.
As actas dunha reunión da Comisión Nacional de Saúde de China, que circularon por redes sociais, confirman que había 37 millóns de persoas probablemente contaxiadas. O diario británico ‘The Financial Times’ e a axencia Bloomberg confirmaron a información por medio de fontes presentes naquel encontro. A Organización Mundial da Saúde mostrouse moi preocupada por esta situación.