30
O Ministerio de Defensa de China asegurou este martes nun comunicado desenvolver «con éxito» unha vacina contra o novo coronavirus SARS- CoV-2, causante da pneumonía COVID-19, e autorizou as probas en humanos, aínda que o texto non precisou cando comezarían tales ensaios. A vacina foi desenvolta polo equipo de investigación liderado pola epidemióloga Chen Wei, da Academia Militar de Investigación Médica, dependente da Academia Militar de Ciencias. Segundo Chen, a vacina -desenvolvida en consonancia con «estándares internacionais e a regulacións locais»- está preparada para levar a cabo «unha produción a gran escala, segura e efectiva».