China aterra en Marte


China logrou aterrar en Marte a súa sonda Tianwen-1, o que marca un fito ao ser a primeira vez que consegue pousar un módulo de aterraxe nun planeta que non é a Terra, segundo informou a axencia estatal de noticias Xinhua. Tianwen-1 despegou da Terra o 23 de xullo de 2020 e alcanzou a órbita do planeta vermello en febreiro. O voo é un dos máis difíciles que xamais emprendeu China. A aterraxe era un gran desafío, xa que Marte ten a súa propia atmosfera, a diferenza da Lúa. Se todo vai segundo o planeado, o rover Zhurong- que se pousou na vasta chaira coñecida como Utopia Planitia- investigará Marte durante polo menos tres meses.