Así o destacou o presidente Xi Jinping durante a visita do seu homólogo iraniano Ebrahim Raisi a Pequín. Unha relación máis aló da situación internacional actual, dixo. Situación de gran inestabilidade e de deterioración das relacións de ambos países coas potencias occidentais. O dirixente chinés tamén anunciou que seguirán buscando a reapertura das negociacións do acordo sobre o programa nuclear iraniano. E expresou o seu interese en incrementar a cooperación. De feito, Raisi viaxou acompañado dunha gran delegación, incluídos seis ministros, entre eles os de petróleo e economía e polo Gobernador do Banco Central Iraniano.