China pon en marcha o seu maior ensaio militar en décadas preto de Taiwan. Os exercicios incluíron disparos de munición real de longo alcance cara ao estreito de Taiwan e un despregamento naval ao redor da illa que continuará ata o domingo. Os agresivos ensaios enténdense como unha resposta de Pequín á controvertida visita a Taipei da presidenta da Cámara de Representantes de Estados Unidos, Nancy Pelosi. En Cambodia, onde arrincaba o cume da ASEAN, a viaxe de Pelosi a Taiwan centra tamén todas as conversacións. O responsable da política exterior da Unión Europea, Josep Borrell, sentaba cara a cara co Secretario de Estado de Estados Unidos, Antony Blinken, para mostrar o respaldo da Unión a Washignton nun momento tan delicado. Xapón informaba de que cinco mísiles balísticos disparados por China durante as súas manobras militares haberían caído en augas pertencentes á súa zona económica especial.
37