China limita a exportación de tecnoloxías

1 minutes read

A limitación da exportación podería supoñer que ByteDance, a desarrolladora da rede social de vídeos curtos TikTok, non poida vender o seu negocio en Estados Unidos -tal como lle esixe Washington- sen aprobación de Pequín. Os ministerios de Comercio e de Ciencia e Tecnoloxía levaron a cabo a primeira modificación da citada lista en doce anos, para incluír nela formas de intelixencia artificial como o recoñecemento de voz ou funcións de análises de datos e de recomendacións de contido. O de TikTok é outro capítulo da escalada de tensións entre China e Estados Unidos: o pasado 6 de agosto, o presidente estadounidense, Donald Trump, prohibiu calquera transacción ou negocio con ByteDance a partir de 45 días desde esa data ao considerar que TikTok é unha ameaza para a seguridade nacional. O pasado luns a rede social presentou unha demanda contra o Goberno dirixido por Trump ao considerar que as «preocupacións pola seguridade nacional» nas que se basea o seu veto non son «auténticas».