China rexeita unha segunda investigación nos seus laboratorios de Wuhan


China rexeita unha segunda investigación da Organización Mundial da Saúde en Wuhan en busca de respostas sobre a orixe do coronavirus. A Comisión Nacional de Saúde deste país mostrouse este xoves «sorprendida» pola proposta da OMS, á que acusou de estar «a faltar ao respecto e ao sentido común».

China defendeu sempre a súa inocencia fronte ás voces que aseguran que o virus se habería orixinado no Instituto de Viroloxía de Wuhan, de onde sairía accidental ou deliberadamente. A procura das orixes do virus converteuse de feito nunha cuestión diplomática que empeorou as relacións de China con Estados Unidos, tendo en conta que ambos os países se chegaron a culpar mútuamente de crear e liberar o virus.

A OMS chegou a mandar a un equipo de expertos a este cidade o pasado mes de xaneiro, na que foi a primeira fase dunha investigación á que agora Pequín se nega a dar continuidade. O director xeral da OMS, Tedros Adhanom Ghebreyesus, recoñecía pola súa banda a semana pasada que era prematuro descartar unha posible relación entre a pandemia e unha filtración dun laboratorio de Wuhan, a cidade onde se detectou a enfermidade por primeira vez a finais de 2019.