Choque de trens en O Carral, entre Sofán e Noia (1-1)

FC Noia en O Carral.

Choque de trens en O Carral, entre Sofán e Noia (1-1) Resultado equilibrado e xusto entre dous equipos que pelexaron ao máximo por levar os tres puntos. A diferenza no primeiro tempo púxoa Jesús Sayés no minuto 35 cun bonito gol, 0-1 no marcador, así se chegaría ao descanso. Tras o paso por vestiarios a SD foi a por o partido e plantoulle cara ao conxunto visitante. Froito diso chegaría o empate no minuto 71 por mediación de Paulo. Boa adaptación á categoría de conxunto carballés, que segue sumando neste comezo de liga.