Choque frontal de trens en Alemaña, hai polo menos un morto

0 minutes read

Tráxico accidente ferroviario en Alemaña, onde polo menos unha persoa morreu e 14 resultaron feridos ao chocar frontalmente dous trens de pasaxeiros. Segundo o diario alemán Bild, uns 100 pasaxeiros, entre eles escolares, viaxaban nos dous trens. O choque produciuse nas próximidades da estación de Ebenhausen-Schaftlarn, moi preto de Munich, na sureña rexión de Baviera. A policía abriu unha investigación para aclarar as causas do accidente. Segundo unha emisora de radio local, dous trens estiveron a piques de chocar nesta mesma zona o pasado mes de agosto, aínda que os condutores puideron frear a tempo.