CIAE 112 Galicia rexistra 550 incidencias da “Borrasca Fabien” ata as 18 horas deste sábado

Imaxe de arquivo de Muxía durante un temporal.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia vén de rexistrar un total de 539 incidencias relacionadas co paso da “Borrasca Fabien” pola nosa comunidade entres as 00:00 e as 18:00 horas deste sábado.

Por provincias, A Coruña foi a máis afectada con 214 incidencias contabilizadas, Pontevedra con 151, seguida de Lugo con 127 e Ourense con 45 incidencias. A caída de árbores e pólas en vías de circulación (284), as accións de prevención de risco (119), derrubamentos (34), cables da luz e teléfono nas estradas (24) e postes caídos nas calzadas (21) foron as incidencias que máis se repetiron.

En canto aos concellos, destaca o de A Coruña con 22 incidencias, Santiago de Compostela con 13 e Oleiros con 11. Na provincia de Pontevedra, A Estrada alcanzou as 19, Lalín sumou 14 e Mos 6. No concello de Lugo contabilizáronse 12, en Guitiriz 7 e en Viveiro 6. E, por último, na provincia de Ourense, Lobios e Vilamartín de Valdeorras rexistraron 4, respectivamente.

Cómpre destacar que unha persoa precisou asistencia médica despois de que lle caese encima do coche no que circulaba unha árbore en Cortegada. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a persoa atopábase liberada e accesible. Ocorreu preto das 17:00 horas e, nada máis recibir o aviso a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desde o CIAE 112 Galicia informouse do ocorrido aos Bombeiros do Carballiño e ao GES de Ribadavia.

En Cambre, caeron varias partes do Tellado dun edificio de 4 alturas na Praza da Ría golpeando e rompendo a canalización do gas. Desde o CIAE mobilizouse á Policía Local, aos Bombeiros de Arteixo, á empresa subministradora de gas e ao Servizo Municipal de Protección Civil.

En Carballo, no Colexio Fogar, na rúa Vila de Noia, levantouse o tellado do centro. Quedou sinalizado polos Bombeiros de Carballo.

Ademais, en Cortegada, unha árbore caeu encima dun vehículo e feríu ao seu ocupante. Ocorreu na estrada que une Cortegada a Ponte Varxas.

En Cerdido, unha muller resultou ferida ao bater o vehículo no que circulaba contra unha árbore caída na vía. Ocorreu na AC-102 á altura do Carballeiro.

E, por último, no termo municipal orensán do Bolo, caeu o pilar dunha ponte e afundiuse no lugar da Barxa, onde pasa o río Xares, na estrada que une A Barxa co Seixo, en Petín. Trátase dunha vía secundaria que une as aldeas da Barxa co Seixo e hai outras vías alternativas polo que os pobos non quedan incomunicados.