Científicos australianos crean unha pel sintética moi parecida á humana


A tecnoloxía segue dando pasos axigantados que nos permite ter unha mellor vida. Aínda que, de momento, nos falta a vacina contra o coronavirus, recentemente deuse un avance moi bo. E é que grazas á tecnoloxía pódese crear pel humana. Isto pode servir de gran axuda aos hospitais para moitos tratamentos. Aínda que ollo, tamén ten o seu lado B. En concreto foron uns científicos australianos os que lograron crear unha pel sintética que reacciona á dor do mesmo xeito que a pel humana. O equipo da Universidade RMIT en Melbourne explícao nunha reportaxe publicada na revista Advanced Intelligent Systems. Nós traémosche os principais puntos deste interesante estudo, que pode servir de revolución para a medicina. A pel, esa cuberta externa que temos os animais (seres humanos incluídos) ten unha importancia esencial na vida. Como curiosidade, dirémosche que no ser humano adulto ocupa unha extensión de 2 metros cadrados e pesa 4.1 quilos. Ten un espesor que oscila entre 0,5 mm nas pálpebras e 4 mm no talón. A pel ten distintas funcións, máis ou menos marcadas segundo a especie de que se trate. A máis importante é a que fai de barreira de protección fronte o medio externo, está dentro das primeiras barreiras inmunolóxicas. Por iso en tempos de confinamento é fundamental levar un coidado da pel. E tamén nos permite realizar a respiración, e tamén a excreción, como é o caso da suor. A tecnoloxía desde hai moitos anos propúxose poder facer unha pel humana, e parece habelo conseguido.