Cinco caiucos máis chegaron a Canarias nos últimos días

1 minutes read

Un deles á illa Tenerife, tres á do Hierro e, outro máis a Gran Canaria, segundo informaron fontes de Salvamento Marítimo, Cruz Vermella, 112 e a Garda Civil. En total 286 persoas chegaron ás costas canarias desde a noite do pasado sábado. Canarias vive unha crise migratoria cun aumento das chegadas dun 118% no último ano. A Axencia Europea de Fronteiras e Costas (Frontex) indican que, ata final de novembro, chegaran en patera ou caiuco a España 13.507 persoas polo Mediterráneo Occidental e 32.422 por Canarias. Cabe destacar que moitos perden a vida no intento, como ocorreu cun neno de 10 anos e un mozo de 18 o pasado 21 de decembro.