- Dúas persoas de avanzada idade atopábanse no interior consumindo bebidas, sen usar a máscara e sen respectar a distancia de seguridade
A Garda Civil do Posto Principal de Arteixo interpuxo un total de 5 denuncias nesta localidade polo incumprimento das
medidas sanitarias do Covid-19.
Os feitos ocorreron o 20 de febreiro cando unha patrulla se atopaba realizando un servizo de prevención da seguridade cidadá. Os gardas civís observaron que un establecemento de hostalería da localidade estaba aberto ao público e contaba con persoas no seu interior. Tras acceder ao local, divisaron a dúas persoas de avanzada idade que se atopaban consumindo bebidas, sen a máscara e sen respectar a distancia de seguridade persoal.
Os axentes procederon á identificación destas persoas e da encargada do local para confeccionar as denuncias correspondentes.