Cinco denuncias nun local de Arteixo polo incumprimento das medidas sanitarias

  • Dúas persoas de avanzada idade atopábanse no interior consumindo bebidas, sen usar a máscara e sen respectar a distancia de seguridade

A Garda Civil do Posto Principal de Arteixo interpuxo un total de 5 denuncias nesta localidade polo incumprimento das
medidas sanitarias do Covid-19.

Os feitos ocorreron o 20 de febreiro cando unha patrulla se atopaba realizando un servizo de prevención da seguridade cidadá. Os gardas civís observaron que un establecemento de hostalería da localidade estaba aberto ao público e contaba con persoas no seu interior. Tras acceder ao local, divisaron a dúas persoas de avanzada idade que se atopaban consumindo bebidas, sen a máscara e sen respectar a distancia de seguridade persoal.

Os axentes procederon á identificación destas persoas e da encargada do local para confeccionar as denuncias correspondentes.

Related posts

O Concello de Cerceda celebra que a Xunta rectifique e lles destine 40 M€ dos Fondos de Transición Xusta a eles e As Pontes

UCIN Galicia vuelve a denunciar la falta del helicóptero de emergencias en Santiago y exige infraestructuras H24 seguras en hospitales

A Deputación da Coruña reivindica en Rianxo a vixencia do legado moral, cultural e político de Castelao