Cinco desaparecidos tras afundirse o pesqueiro galego Tafra 3 en Mauritania

O Tafra 3 no momento do afundimento estaba pescando en augas mauritanas e afundiuse despois de ser alcanzado polo buque factoría Right Whale. Este buque ten bandeira de Gambia e o capital da armadora é ruso. O Tafra 3 foi construído no ano 2001, ten bandeira de Mauritania con base en Nuadibú, pero pertence á armadora Baipesca, de capital vigués. Hai 21 superviventes neste afundimento, segundo diversas informacións, pero hai cinco desaparecidos aos que están buscando; ao parecer son de nacionalidade mauritana. O ao rescate da tripulación acudiron os pesqueiros Tafra 2 e o Rimbal 5.

Related posts

Netanyahu ordena ao Exército atacar Gaza de forma «contundente»

Trump insta a Putin a poñer fin á guerra en Ucraína «en lugar de probar misiles»

Estados Unidos desprega bombardeiros B-1B fronte a Venezuela no medio da súa campaña antidroga