23
Cinco persoas foron detidas pola Policía Nacional de Ferrol acusadas de tráfico de drogas. As detencións producíronse despois de varios meses de investigacións, no marco dunha operación bautizada como Centro.
Nun rexistro levado a cabo nunha vivenda, os axentes atoparon medio quilo de haxix e outras substancias, ademais de nove mil euros en metálico e billetes falsos. Os detidos xa foron postos a disposición xudicial.