Cinco empresas ofertan para executar as obras da nova esterilización do Hospital do Salnés


Un total de cinco empresas veñen de presentar ofertas para executar as obras de reforma e ampliación da área de esterilización que dotarán ao hospital público do Salnés dunha nova unidade que duplicará a superficie actual dedicada a este proceso, adaptando así a capacidade do seu blóque cirúrxico, tras a ampliación do centro sanitario. A nova unidade de esterilización ten un importe de licitación de 769.617 euros. O departamento sanitario galego remarca a importante aposta para reforzar a calidade asistencial na área sanitaria do Salnés, posto que este hospital da rede do Sergas medrou en superficie e tamén ampliou a súa carteira de servizos.