Cinco familiares feridos tras bater a súa embarcación cun cable de alta tensión en Ares

O accidente tivo lugar sobre as 9 da noite deste xoves. Os cinco membros dunha familia, os pais e tres fillos -de 12,16 e 18 anos-, electrocutáronse cando estaban chegando coa súa embarcación á praia da Campa ou Seselle, en Ares. Segundo as primeiras hipóteses, o mastro do seu catamarán bateu cun cable de alta tensión duns 30 mil voltios.

A familia foi trasladada ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol. Nun principio a nena de 12 anos, que se atopaba en parada cardíaca, foi atendida por efectivos da Policía Local que lograron reanimala do mesmo xeito que os sanitarios fixérono co mozo de 18 anos. Os pais sufriron menos danos, o home queixábase dunha forte dor nun dos brazos.

O incidente, ademais dos danos persoais provocou un corte de luz en amplas zonas de Camouco co fin de poder afastar do cable a embarcación. Ao lugar do suceso acudiron efectivos da Policía Local e Protección Civil de Ares, Garda Civil e Urxencias Sanitarias de Galicia-061 con dúas ambulacias medicalizadas e duas asistenciais así como un equipo sanitario con membros dos PAC de Ferrol e Fene.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha