Cinco feridos en Cances nun accidente na estrada Carballo-Malpica

1 minutes read

O 112 Emerxencias Galicia pasaba a alerta ás 20:30 horas deste luns. Coordinaba aos servizos de emerxencias por un choque frontal entre dous turismos na estrada AC-418 que une Carballo con Malpica, á altura do lugar de Vilariño, correspondente á parroquia carballesa de Cances. Como consecuencia do impacto cinco persoas resultaron feridas de diferente consideración, entre elas unha nena de corta idade. Ao lugar acudiron varias ambulancias do 061, Protección Civil e a Garda Civil de Tráfico. Investigan as causas do sinistro, que se producía nun momento de aglomeración de tráfico e de intensa choiva na zona. Tras o accidente a estrada permaneceu cortada 45 minutos, o que provocaba importantes retencións.