A hipótese principal é que fose ocasionado por unha explosión, posiblemente por unha fuga de gas. As oito persoas desaparecidas eran veciños do edificio afectado, pero á lista poderíase unir un posible noveno desaparecido, veciño do inmoble veciño que tamén se derrubou parcialmente, aínda que a fiscal indicou que esta información aínda debe ser verificada. Cinco dos feridos están en estado “de gravidade relativa”, confirmou o rexedor da cidade. Os traballos de rescate complicáronse por un incendio nos entullos. O suceso espertou unha forte conmoción en Marsella, cidade que xa sufriu en 2018 o colapso de dous edificios antigos cun balance de oito vítimas mortais. As autoridades locais aseguran desta volta que o edificio non se atopaba en mal estado.
0