Cinco feridos nun accidente entre dous vehículos no Grove

1 minutes read

En total, cinco persoas resultaron feridas, entre elas, dous menores e un adulto tiveron que ser trasladados polos servizos sanitarios. Con todo, segundo a información facilitada ao 112 Galicia, ningún dos feridos parecía revestir gravidade. Sucedeu no lugar do Con, na estrada de Meloxo, no concello do Grove, ao fío das 13:45 horas deste sábado. Foi a esa hora cando os servizos sanitarios informaban ao 112 Galicia dun accidente entre dous vehículos con cinco persoas feridas. Indicaban, ademais, que todos os ocupantes estaban fora dos vehículos. Así, nada mais recibir o aviso, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos axentes da Policía Local, dos Bombeiros de Ribadumia, dos membros do GES de Sanxenxo e dos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil do Grove. Unha vez no punto, tras indicar que os dous menores e un adulto foran evacuados nunha ambulancia, os membros de Protección Civil tamén confirmaron que os dous vehículos xa foran retirados da estrada por un guindastre.