Cinco feridos nunha colisión entre sete vehículos na Gran Vía de Vigo

0 minutes read

Sucedeu sobre as cinco da tarde deste luns, concretamente á saída do túnel da Praza de España, no cruce coa rúa Nicaragua. Como consecuecia do sinistro resultaron feridas leves 4 persoas e 1 grave. Foron mobilizados bombeiros, Policía e varias ambulancias que atenderon ás vítimas, en primeira instancia no lugar dos feitos.