Cinco millóns de persoas chamadas a decidir o futuro de Madrid


Recomendan que os votantes vaian co voto da casa, que os anciáns voten de 10 a 12 e que os enfermos de covid ou os que o sospeiten de 7 a 8. A contenda electoral chegou ata o día de reflexión, coa denuncia do PSOE a Isabel Díaz Ayuso ante a xunta electoral polo suposto uso partidista dos actos do 2 de maio. Hay máis de mil locais electorais preparados para exercer o dereito ao voto, equipados ademais de coas papeletas, con xeles hidroalcólicos, máscaras e os itinerarios para evitar aglomeracións, algo ao que tamén vai axudar unha aplicación informática.

En canto ao voto por correo, os datos aumentaron un 41% máis, a solicitude de residentes en España sitúase en 231.595; os residentes no estranxeiro, en 26.568; e outros 1.248 españois residentes en España pero temporalmente no estranxeiro.

O Centro de Procesamento e Difusión de Datos consta de 4.000 metros cadrados e está instalado en Ifema, desde onde se traballa para dar unha cobertura transparente, clara e dinámica dos resultados electorais nos comicios á Presidencia da Comunidad de Madrid. Ademais, tamén estará localizada alí una das novidades para estas eleccións, a incorporación do robot de intelixencia artificial Sophia, un software intelixente de aspecto humanoide capaz de ofrecer respostas e bloques de información.