Cinco persoas feridas a causa dunha colisión frontal en Boimorto

1 minutes read

O accidente produciuse á unha da tarde deste domingo na AC-840, ao paso pola parroquia de Dormeá, en Boimorto. Alguén que pasaba por alí viu o accidente e púxose en contacto co 112 Galicia. Este aviso serviu para poñer en marcha os protocolos correspondentes para a mobilización dos recursos necesarios. Así,acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os axentes da Garda Civil de Tráfico e os voluntarios de Protección Civil da localidade. Tamén interviñeron os equipos de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas. En total, cinco persoas resultaron feridas de diversa consideración. De feito, dúas delas presentaban lesións leves e outra máis tiña un problema nun brazo anterior ao accidente. Todos foron evacuados en senllas ambulancias a un centro hospitalario.