Cinco persoas feridas nunha colisión frontal en Vilasantar

  • Unhas das vítimas tivo que ser liberada do vehículo polos Bombeiros de Arzúa

Cinco persoas resultaron feridas de consideración nunha colisión frontal entre dous turismos que se produciu sobre as 06:00 horas deste sábado na localidade coruñesa de Vilasantar; concretamente na estrada DP-3205, que une as parroquias de Présaras e Armental.

Un dos feridos tivo que ser liberado polos Bombeiros de Arzúa ao quedar atrapado no interior dun dos vehículos, e o resto das vítimas foron derivadas ao CHUAC e ao Hospital San Rafael.

Foi un particular quen deu a voz de alarma a través da súa chamada ao 112 Galicia e, a partir de aí, activouse un operativo no que ademais dos profesionais sanitarios e os Bombeiros, participaron os membros do GES de Curtis e os voluntarios de Protección Civil da localidade.

Tamén acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico, que tratan de coñecer as circunstancias do accidente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha