Os feitos aconteceron en Bas, na parroquia de Santo Estevo de Goiáns. Foi o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 o que informou ao 112 deste accidente, minutos despois das 7:30 horas. Desde o 112 solicitouse a colaboración da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil do municipio. Así mesmo, foron informados os Bombeiros de Carballo. Os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, encargados da limpeza da vía, comunicaron ao 112 que cinco persoas foron finalmente trasladadas ao centro hospitalario.