99
Cinco axentes da Policía Local de Carballo veñen de ser condecorados co distintivo de permanencia tras 25 anos de traballo ao servizo da cidadanía, varios deles levan na actualidade máis de 30 anos na plantilla. Trátase de María José Fraga Bello, Fernando Mariño Pombo, José Manuel Arnejo Torreira, José Ramón Vázquez Reino e Manuel Carracedo Muíño. Por diferentes motivos, tan só dous dous dos condecorados asistiron á Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) a retirar o galardón. No acto estiveron presentes o alcalde, Evencio Ferrero, así como o Xefe Acc. da Policía Local, Roberto Mosquera.