Cinco veleiros de La Turballe participarán na procesión do Carme de Camariñas

Concello de Camariñas

  • Chegarán este venres tras percorrer 400 millas náuticas.

Con motivo do quinto aniversario do irmandamento entre as localidades de Camariñas e La Turballe (Francia), cinco veleiros procedentes desta última chegarán á vila do encaixe este venres tras percorrer, desde este martes, 400 millas náuticas en catro etapas para participar na procesión marítima do Carmen. En total son 11 tripulantes que se reunirán con membros da Confraría de Camariñas para coñecer mellor o desenvolvemento da procesión.

Esta é a terceira visita dunha delegación gala neste ano, trala Mostra do Encaixe e un mes despois de que 10 ciclistas fixeran o camiño de Santiago e continuaran ata Camariñas, percorrendo 1582 quilómetros.