O Sector de Tráfico da Garda Civil de Galicia investigou a un home como presunto autor de dous delitos contra a seguridade viaria.
Os feitos ocorreron cando unha patrulla realizaba unha vixilancia e control do tráfico para reforzar a seguridade nas estradas con motivo da fin de semana festiva nalgunhas localidades da Comunidade.
Os efectivos actuantes, foron alertados polos usuarios da vía da presenza dun ciclomotor circulando de forma errática na autoestrada AG-55 sentido Carballo.
Inmediatamente os gardas civís iniciaron a procura deste vehículo, interceptándoo á altura do quilómetro 6 da devandita vía, no termo municipal de Arteixo.
Os compoñentes da patrulla procederon á identificación do condutor, constatando que carecía de permiso de condución por non obtelo nunca, posteriormente realizáronlle as pertinentes probas de alcoholemia e drogas dados os síntomas evidentes de atoparse baixo a influencia dalgunhas destas substancias, lanzando un resultado de 1,20 mg/l en aire expirado na primeira e de 1,19 mg/l na segunda.
A Garda Civil procedeu á investigación desta persoa como presunta autora de dous delitos contra a seguridade viaria, conducir carecendo da correspondente autorización administrativa e circular baixo a influencia de bebidas alcohólicas, á confección dun boletín de denuncia por suposta infracción grave ao circular pola autoestrada cun ciclomotor, vehículo cuxa
circulación está prohibida en autoestrada e autovías e á inmobilización do ciclomotor.
O Sector de Tráfico da Garda Civil de Galicia lembra que circular baixo a influencia de bebidas alcohólicas inflúe negativamente na condución e pode carrexar, en caso de superar unha taxa de 0,60 mg/l en aire expirado, penas de prisión de prisión de 3 a 6 meses, de 6 a 12 meses de multa ou traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días e en todos os casos e en calquera caso, coa de privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.
39