CIS | O PSOE aumenta en 13 puntos a vantaxe sobre o PP

dpm.

No estudo publicado polo CIS sobre opinión pública e política fiscal, elaborado entre o 9 e o 19 de xullo pasados, o CIS dálle un retroceso de 1,8 puntos ao PP, ata o 19,4 por cento, mentres que volve situar Unidas Podemos como terceira forza política, cun 12,6 por cento en estimación de voto, cinco décimas máis ca na anterior sondaxe. O CIS outorgoulle unha nova subida ao PSOE, ao que lle concede un 32,4 por cento dos votos, tres décimas máis ca no último barómetro de primeiros de xullo, que se suma a unha importante caída do PP, co que os socialistas aumentan a súa distancia ata os 13 puntos. Destacar que o BNG, do mesmo xeito que sucedeu nas pasadas eleccións galegas, mantén unha subida sostida, sobe unha décima e queda no 0,8 por cento de estimación de voto.