Cita co XV Torneo Internacional alevín F7 Concello de Carballo

O sábado 8 e o domingo 9 de xuño o Campo de Fútbol As Eiroas volverá a acoller unha nova edición, e xa van 15, do prestixioso Torneo Internacional Alevín de Fútbol Concello de Carballo Memorial José Luis Vara Oliveira, que, ano tras ano, estase a consolidar como un referente a nivel nacional.

Nesta ocasión, á cita acudirán equipos da talla do Athletic de Bilbao, Atlético de Madrid, Sporting de Gijón, Deportivo, Celta, Xuventude Oroso (gañador do torneo da previa), o anfitrión- Escolas Luis Calvo Sanz- e o vencedor das dúas últimas edicións, o AFA Angola.

O sistema de competición será, como de costume, dun único grupo no que todos xogan contra todos, de maneira que xogadores e entrenadores poderán utilizar diferentes tácticas de xogo en función do rival. Os catro primeros clasificados disputarán as semifinais, finais e a final de consolación.

Os partidos arrincarán na primeira xornada ás 10:00 horas e continuarán pola tarde, a partir das 17:00 horas. A competición regresará o domingo 9, ás 11:00 horas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha