Cita PCR a todos os asistentes ao acto de Casado e Feijóo na Coruña

1 minutes read

O Sergas citou esta fin de semana a todos os asistentes ao acto do PP celebrado o pasado venres no Monte de San Pedro na Coruña, no que estiveron presentes Pablo Casado e Feijóo. Segundo explicaron desde o partido, isto sucede tras o positivo confirmado pola conselleira do Mar, Rosa Quintana. O PPdeG, enmarcou estas citas para facer a PCR no «protocolo convencional» que segue o sistema sanitario para «identificar contactos» dun positivo e evitar que se produzan máis contaxios. Persoas alí presentes apuntaron que houbo abrazos mesmo entre Casado e Feijóo, quen ademais, tal e como capturaron os fotógrafos, non levaba a máscara nese preciso momento. Entre os citados atópanse xornalistas, fotógrafos e cargos do partido.