38
O Sergas citará esta semana uns 180.000 galegos para vacinarse. O incremento de doses que chegan á comunidade permite acelerar o ritmo de inmunización, e está previsto que nos próximos días se poida incorporar á campaña o grupo de poboación que ten entre 65 e 69 anos. Ao mesmo tempo, completarase a vacinación dos de 60 a 65 e dos de 70 a 79, que teñen xa case todos a primeira dose posta. Segundo a Consellería de Sanidade, en total, desde decembro puxéronse en Galicia 986.000 vacinas contra a covid, o 93,7 por cento das que recibiu a comunidade. En total, o 31 por cento da poboación diana en Galicia recibiu polo menos unha vacina, e o 10,5 por cento completou xa a pauta.