41
- Será a través de probas PCR no centro de saúde de Carballo desde este martes e ata o xoves, 29 de abril
O Sergas iniciará este martes en Carballo un novo cribado entre aqueles veciños con idades comprendidas entre os 40 e os 50 anos. Segundo informa o Concello, están convocadas 5.160 persoas vía SMS.
As probas PCR realizaranse no centro de saúde de Carballo ata este xoves, 29 de abril, en horario de 09:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.
Este luns Carballo rexistraba un total de 39 casos activos.