A través dun comunicado emitido na tarde deste sábado, Ciudadanos Galicia anunciou que «tomará as medidas oportunas» contra o seu concelleiro electo en Malpica de Bergantiños, Alfredo Cañizo Garrido, tras tomar unha decisión para a que non estaba lexitimado e sumar o seu voto ao BNG e ao PSOE para que o socialista Walter Pardo sexa o próximo alcalde.
Ciudadanos acusa a Cañizo de actuar de maneira unilateral sen o consentimento do partido e do Comité de Pactos Autonómico.