Arrimadas imponse a Igea e asumirá as rendas de Ciudadanos

Algo máis de 20.700 afiliados estaban convocados esta fin de semana para votar nas primarias de Ciudadanos para elixir o seu novo líder. Escollían entre Inés Arrimadas, candidata oficialista, Francisco Igea, do sector crítico, e un terceiro candidato, o militante valenciano Ximo Aparici. A votación telemática finalizada este domingo ás sete da tarde, nas oito provincias onde se autorizou tras solicitalo os afiliados. As votacións arroxaron un resultado nos que Inés Arrimadas se impuxo co 76,91% dos votos ao vicepresidente de Castela e León, Francisco Igea, que obtivo un 22,32%, e a Ximo Aparici, un militante valenciano descoñecido que tan só rabuñou un 0,74%.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha