Ciudadanos ficha a Edmundo Bal, ex avogado do Estado

O presidente de Ciudadanos, Albert Rivera, anunciou a incorporación do ex avogado do Estado Edmundo Bal ás listas da formación para as eleccións xerais do 28 de abril. Bal fora destituido por defender que houbo rebelión no «proces».

Así o confirmou o funcionario público en Majadahonda este domingo, acompañado polo presidente da formación e os candidatos á Comunidade e Concello, Ignacio Augado e Begoña Villacís. “Bueno, eu son o cesado. Lamentablemente saín nos medios de comunicación por isto, por unha cuestión absolutamente inxusta”, recoñeceu Bal ao subir ao escenario. Será o número 4 por Madrid ao Congreso dos Deputados.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha