Ciudadanos non se presentará ás eleccións xerais

O Comité Nacional da formación tomou esta decisión este martes tras o desastre electoral das eleccións municipais e autonómicas do pasado domingo. Este 28M o partido laranxa confirmou os peores prognósticos: quedou fóra de todos os parlamentos autonómicos en xogo e dos concellos das principais cidades. «O Comité Nacional decidiu que a forma máis intelixente de defender as ideas e o espazo liberal en España é que non concorramos neste ciclo electoral mentres nos preparamos para o novo escenario político que parece que se abrirá», explicou en rolda de prensa o secretario xeral do partido, Adrián Vázquez.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha