Ciudadanos pide a Feijóo “autocrítica” ante a fuga de membros do PPdeG ao seu partido

Ciudadanos cre que o presidente do PPdeG e da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, debería “facer autorreflexión” e “autocrítica” despois de que nas últimas semanas se confirmase o recrutamento do partido de Rivera a membros das filas populares como José Araújo, exconcelleiro en Ourense, ou Juan Miguel Diz Guedes, quen fora conselleiro con Manuel Fraga.

“Se no seo do PP non son capaces de ofrecer un futuro aos seus votantes, o problema, señor Feijóo, non é de Ciudadanos, é seu”, esgrime a formación presidida por Albert Rivera a través dun comunicado.

Ademais, Ciudadanos di coincidir co presidente galego en que “membros e votantes do seu partido, cansos, desesperados e aburridos da vella política que nas filas do PP se practícan” abandonan o seu barco para achegarse onde “ven un futuro” que o PP “non lles ofrece a día de hoxe”, e censuran a “soberbia” do PPdeG, co seu “ ninguneo” a outros partidos que chegaron “para cambiar a política e a forma de facer política”. “O seu tempo, e debe empezar a asumilo, terminou” Sr. Feijóo, sentenzan dende Ciudadanos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha