Ciudadanos suspende de militancia a Alfredo Cañizo

O secretario de Organización de Ciudadanos Galicia, Laureano Bermejo, informou este venres da apertura dun expediente sancionador e a consecuente revogación da afiliación ao seu único concelleiro en Malpica, Alfredo Cañizo, que sumou o seu voto ao dos edís do BNG e a catro do PSOE para que o socialista Walter Pardo accedese á Alcaldía.

Bermejo explicou nunha rolda de prensa celebrada na sede da formación laranxa en Santiago que, esta decisión prodúcese despois de que Cañizo «non respectase a política de pactos marcada por Madrid» e optase por «pactar con determinados partidos para os que non estaba autorizado».

Neste sentido, o secretario de Organización de Cs en Galicia xustificou a expulsión do edil en que o BNG «foi en coalición con Bildu» nas eleccións europeas. «E máis tendo en conta que a primeira persoa asasinada por ETA era, precisamente, de Malpica», engadiu.

Deste xeito materialízanse as medidas que hai unha semana anunciou o partido de Albert Rivera despois de saberse que Cañizo actuou «de maneira unilateral» e «sen consentimento» para facer alcalde ao candidato socialista.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha