Claudia González Caparrós presenta os seus poemarios na Biblioteca Rialeda en Oleiros

Este mércores 19 de xuño, ás 20:00 horas na Biblioteca Rialeda, terá lugar a presentación dos poemarios de Claudia González Caparrós. É autora das obras Si la carne es hierba´ (Sully Morland), áccesit VIII Premio de Poesía Joven Pablo García Baena, no ano 2015, eTe miro como quien asiste a un deshielo´ (2018), ambos publicados en La Bella Varsovia.

Claudia González Caparrós naceu na Coruña no ano 1993. É graduada en Estudios Literarios pola Universidad de Barcelona e obtivo o Máster en Historia del Arte Contemporáneo y Cultura Visual pola Universidad Autónoma de Madrid e en Literaturas Hispánicas por Indiana University. Participou no Festival Cosmopoética en 2015 e Marpoética en 2019 e na Feira do Libro de Madrid en 2018 e 2019. Tamén traduciu ao galego a plaquette `Este é o agasallo que lle dou ao meu corpo´ (2018), de Robin Myers, publicado pola editorial Tulipa. Os seus poemas apareceron en revistas como Nayagua o Años Diez.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha