Clausura da quinta edición do ciclo Elas Son Artistas, será o día 19 no Centro Ágora de A Coruña

Antía Muíño_Cedida.

O sábado día 19 de novembro terá lugar a Gala de Clausura da quinta edición do ciclo Elas Son Artistas. Será no Centro Ágora de A Coruña ás 20.00 horas e co talento das artistas galegas como protagonista. Contará coas actuacións musicais de Yoly Saa, Caamaño&Ameixeiras, Antía Muíño e Ángeles Dorrio. A gala estará conducida pola poeta Yolanda Castaño, e haberá tamén pintura en directo a cargo da artista plástica María Meijide. As entradas están á venda en Ataquilla.com a un prezo de 10€ (+g.x.).

Elas Son Artistas volveu levar a súa programación a nove concellos da área metropolitana da Coruña cunha programación moi diversa, destacando a volta das xiras internacionais e o regreso da música en directo ás salas de concertos como a Mardi Gras, o Garufa Club ou Jazz Filloa, e a outros recintos de máis aforo como o Teatro Colón.