45
Este sábado 1 de xuño o concello de Malpica acollerá o certame-clausura do obradoiro de animación teatral do municipio.
Ao longo do certame o público poderá gozar de varias obras de teatro:
- Ás 17:00 horas: “Na casa de María”. Sinopse: A temática desta obra explica como María reúne aos seus amigos/as no faiado da súa casa para inventar unha obra de teatro.
- Ás 17:40 horas: “Peter Pan”. Sinopse: A acción ten lugar no campo onde Sara que está metida nunha trampa, será salvada por Xiana. Ese ben que lle fixo pagarallo cun ben ou cun mal?
- Ás 18:30 horas: “ O Refugallo”. Sinopse: Isolda ten un libro de viaxes; Hipatia, un telescopio; Borboronte, unha tartaruga (aínda que as tartarugas non se teñen, só están contigo) e Lustucrú, unha pata de pau. Os catro viven do refugallo, co que ninguén quere. Os catro xogan xuntos a crear un mundo novo a partir do mundo vello e roto da súa contorna, porque son nenas e nenos, e saben ver as cousas doutra maneira. O refugallo trata sobre a capacidade de fabulación que nos fai transformar a realidade, recreala e reinventala, coma o mesmo teatro, que lle dá vida a obxectos e personaxes que ata o momento da representación non existían para o público.
O acto finalizará ás 19:00 horas coa entrega de diplomas e unha merenda.