Clausura en Roma das xornadas A Catedral de Santiago e a restauración do Pórtico da Gloria


O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, clausurou en Roma as xornadas A Catedral de Santiago de Compostela e a restauración do Pórtico da Gloria, onde fixo un repaso do traballo realizado nos últimos anos en Galicia neste eido.

As xornadas, que se celebraron en colaboración coa Fundación Catedral de Santiago e organizadas xunto á Real Academia de España en Roma, a Escola Española de Historia e Arqueoloxía en Roma do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e o Instituto do Patrimonio Cultural de España, do Ministerio de Cultura, contaron coa presenza de numerosos expertos na materia como representantes da Fundación Catedral Santa María de Vitoria, do Musei Vaticani, do Museo de Victoria & Alberto así como diferentes expertos en rehabilitación patrimonial e persoas interesadas na arte e cultura.

Durante o encontro, no que tamén participou estes días a directora de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Insua, a Xunta expuxo o proceso de restauración da Catedral de Santiago como modelo internacional de rehabilitación patrimonial.