Clausurada a gala da pesca deportiva galega en Coristanco


A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, participou este sábado na entrega de premios da Gala de pesca deportiva galega, que tivo lugar en Coristanco. No acto tamén estiveron presentes as autoridades locales, Juan García, alcalde, e Clarisa Couto, concelleira.

Durante a gala, que se celebra cada catro anos, a directora xeral puxo en valor a colaboración do Goberno galego coa Federación Galega de Pesca Deportiva para divulgar os valores medioambientais da desta actividade, un sector clave e con moita tradición en Galicia, e para espertar o interese das novas xeracións para garantir a remuda xeracional.

Nesa liña, Do Campo lembrou que para achegar aos nenos e mozos galegos ao mundo da pesca, a Xunta tamén está a impulsar outras medidas, entre elas, que os rapaces de ata 14 anos poidan practicar a pesca sen necesidade de sacar licenza ou a exención do pago das taxas correspondentes para todos os menores de idade un ano máis.

Nesta edición,  foron galardoados 117 deportistas e recibiron un recoñecemento especial Victoriano Serantes Chantada pola súa dedicación á Federación Galega de Pesca e Casting ao longo de moitos anos; José Manuel Rey Alvela, que presidiu a entidade entre 2015 e 2018, e Carlos Noguerol Sánchez, recentemente falecido.