Clausurada a Mostra de Artesanía de verán de Vimianzo

Este xoves tivo lugar a clausura da Mostra de Artesanía Viva de verán coincidindo co remate da exposición ’30 anos recuperando o traballo do liño na Costa da Morte’.

A iniciativa tivo como obxectivo poñer en valor o liño ao mesmo tempo que se mostraba a súa transformación ao longo dos últimos anos grazas, sobre todo, á Asociación de Amigos do Liño presidida por Carmen Riveiro.

Ao acto de clausura acudiron a alcaldesa, Mónica Rodríguez; o deputado de Contratación, Patrimonio e Equipamento, Xosé Lois Penas;  a deputada de Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica, Rosa Ana García López;  a presidenta da Asociación Amigos do Liño, Carmen Riveiro; e demais artesáns e artesás.

O público también puido gozar dunha demostración en vivo do proceso de elaboración do liño grazas á Asociación de Amigos do Liño de Galicia e tamén do obradoiro de olaría Lista.

A mostra de artesanía poderase seguir visitando durante as fins de semana, días festivos e tamén no Nadal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha