- O programa, enmarcado dentro do Vimiverán, ten como obxectivo favorecer a conciliación das familias do municipio durante o período estival
O Concello de Vimianzo clausurou este venres a primeira quenda das actividades Vimiaventura e Vimiteatro, dous dos principais atractivos do programa Vimiverán cuxo obxectivo é favorecer a conciliación das familias do municipio durante o período estival. Como agasallo, cada neno recibiu unha viseira conmemorativa.
Na segunda quenda, do 19 de xullo ao 6 de agosto, haberá Vimichef na aula de cociña da Escola de Reboredo para os nacidos entre o 2009 e o 2014, e Vimiverde no pavillón municipal para os que naceron entre o 2009 e o 2018.
Desde as concellaríras de Benestar Social e Cultura, as edilas María José Pose e Rosa Blanco sinalan que o éxito desta edición recae nas «novidosas propostas establecidas polo Concello» e na «vontade das familias de que a rapazada participe no Vimiverán e aprenda divertíndose, unha prioridade para nós», aseguran.