Clausurado con éxito ‘O Gran Camiño’


Este domingo celebrouse a cuarta e última etapa da rolda galega O Gran Camiño 2022, unha contrarreloxo individual de 15,8 quilómetros disputada con saída e chegada na localidade lucense de Sarria. A vitoria da etapa levouna o ucraíno Mark Padun (EF- EasyPost) por diante dos españois Jesús Herrada (Cofidis) e Alejandro Valverde (Movistar). A clasificación xeral foi para Valverde, co canadense Michael Woods (Israel- Premier Tech) e Mark Padun pechando o pódium.