O Foro de Saúde Pública e Vacinas ‘Forovax 2022’ situou á comunidade galega no epicentro nacional de debate e análise sobre vacinas e Saúde Pública. Baixo o aval científico da Asociación española de Vacinoloxía, a Cidade da Cultura acolleu durante dous días a expertos chegados de toda España, para avaliar dun xeito multidisciplinar os últimos avances e achegas científicas xurdidas ao redor da vacinación.
No acto participou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, quen salientou a incorporación de novas vacinas ao calendario vacinal galego, incorporando ao calendario de vacinación infantil as vacinas da meninxite B, o VPH para nenos e a gripe. Neste senso, a evidencia científica e a análise rigorosa do seu custo e efectividade, eríxense como os piares sobre os que debe sustentarse as posibles novas incorporacións ao calendario.