Clausurado na Laracha o programa europeo sobre migración

1 minutes read

Este xoves celebrouse a segunda e última xornada do evento temático que acolleu A Laracha do programa europeo Fortalecendo unha Europa solidaria en tempos de migración.

A xornada comezou cun encontro con migrantes e responsables de ONGs nas que se expuxeron testemuñas reais. Foron a cargo de:

  • Fanny Abelenda: Fundación Mujeres.
  • Yosi Ledesma: premio nacional Red Luca contra la Pobreza. ONG Accem.
  • Juan Pampillón: cooperador internacional.
  • Beatrice Briguglio: historia de adopción dun adolescente de Costa de Marfil.
  • Belén Rosbier: emprendedora arxentina de ascendencia galega retornada.

A continuación tivo lugar o acto oficial de sinatura do Pacto de Amizade por parte dos socios participantes. Foi presidido polo alcalde, José Manuel López Varela, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel.

O evento finalizou pola tarde con visitas institucionais ao Parlamento de Galicia e ao Pazo do Hórreo.